6 Tipos de dados HTML básicos

Índice

  1. Información sobre maiúsculas e minúsculas
  2. Tipos SGML básicos
  3. Secuéncias de texto
  4. URI
  5. Cores
    1. Notas sobre o uso das cores
  6. Lonxitudes
  7. Tipos de conteúdos (tipos MIME)
  8. Códigos de idioma
  9. Codificacións de caracteres
  10. Caracteres únicos
  11. Datas e horas
  12. Tipos de vínculos
  13. Descritores de médios
  14. Dados de scripts
  15. Dados de follas de cálculo
  16. Nomes de molduras de destino

Esta sección da especificación descrebe os tipos de dados básicos que poden aparecer como conteúdo dun elemento ou como valores dun atributo.

Para información introdutória sobre a leitura da DTD da HTML, consulte o tutorial SGML (en inglés).

6.1 Información sobre maiúsculas e minúsculas

Cada definición de atributo define información sobre o uso de maiúsculas e minúsculas nos seus valores. A información sobre maiúsculas e minúsculas apresenta-se coas seguintes explicacións:

CS
O valor é "sensíbel ao caso" - distingue entre maiúsculas e minúsculas (ou sexa, os axentes de usuário interpretan "a" e "A" de maneira distinta).
CI
O valor é "indiferente ao caso" - non distingue entre maiúsculas e minúsculas (ou sexa, os axentes de usuário interpretan "a" e "A" como o mesmo).
CN
O valor "non ten caso", por exemplo porque é un número ou un carácter do conxunto de caracteres do documento.
CA
O elemento ou definición de atributo mesmo proporciona información ao respeito.
CT
Consulte a definición do tipo se quere detalles sobre o uso de maiúsculas e minúsculas.

Se un valor de atributo é unha lista, as explicacións aplican-se a cada valor da lista, a non ser que se indique doutro modo.

6.2 Tipos SGML básicos

A definición do tipo de documento especifica a sintaxe do conteúdo dos elementos e dos valores dos atributos en HTML usando tokens SGML (p.ex., PCDATA, CDATA, NAME, ID, etc.). Consulte [ISO8879] para ver as suas definicións completas. O que segue é un sumário da información máis relevante:

6.3 Cadeas de texto

Moitos atributos ( %Text; no DTD) receben texto que se pretende que sexa "lido por persoas". Para información introdutória sobre os atributos, consulte a discusión tutorial sobre os atributos .

6.4 URI

Esta especificación usa o termo URI tal e como se define en [URI] (ver tamén [RFC1630] ).

Observe-se que os URI incluen os URL (tal e como se definen en [RFC1738] e [RFC1808] ).

Os URI relativos resolven-se en URI completos recorrendo a un URI base. [RFC1808] , sección 3, define o algoritmo normativo para este proceso. Se precisar de máis información sobre os URI base, consulte a sección sobre URI base no capítulo sobre ligazóns .

Os URI representan-se no DTD coa entidade paramétrica %URI; .

Os URI en xeral distinguen entre maiúsculas e minúsculas. Pode haber URI, ou parte de URI, nos que o caso non importe (p.ex., nos nomes de máquinas), mais a sua identificación pode non ser sempre doada. Os usuários deberian considerar sempre que os URI distinguen entre maiúsculas e minúsculas (para andar sobre seguro).

Consulte o apéndice se precisar de máis información sobre caracteres non ASCII en valores de atributos URI .

6.5 Cores

O tipo de valor de atributo "color" ( %Color; ) (non "colour") refire-se ás definicións de cor especificadas en [SRGB] . Un valor de cor pode ser tanto un número hexadecimal (precedido dun signo "#") como un dos seguintes dezaséis nomes de cor. Os nomes das cores non distinguen entre maiúsculas e minúsculas .

Nomes de cores e valores sRGB
Black = "#000000" (Negro) Green = "#008000" (Verde)
Silver = "#C0C0C0" (Prateado) Lime = "#00FF00" (Verde lima)
Gray = "#808080" (Gris) Olive = "#808000" (Verde oliva)
White = "#FFFFFF" (Branco) Yellow = "#FFFF00" (Amarelo)
Maroon = "#800000" (Marrón) Navy = "#000080" (Azul mariño)
Red = "#FF0000" (Vermello) Blue = "#0000FF" (Azul)
Purple = "#800080" (Violeta) Teal = "#008080" (Azul-verdoso escuro)
Fuchsia = "#FF00FF" (Fúcsia) Aqua = "#00FFFF" (Verde azulado)

Desta maneira os valores de cor "#800080" e "Purple" refiren-se os dous à cor violeta.

6.5.1 Notas sobre uso das cores

Ainda que as cores poden acrescentar cantidades importantes de información aos documentos e facé-los máis lexíbeis, considere as seguintes pautas ao incluir cor nos seus documentos:s

6.6 Lonxitudes

A HTML especifica tres tipos de valores de lonxitude para os seus atributos:

  1. Pixels (píxeis, pontos): O valor ( %Pixels; no DTD) é un número inteiro que representa o número de pontos da tela (pantalla, papel). Asi, un valor de "50" significa cincuenta pontos. Se quere información normativa sobre a definición dun pixel, consulte [CSS1] .
  2. Length (lonxitude): O valor ( %Length; no DTD) pode ser ben un %Pixel; ou unha percentaxe do espazo horizontal ou vertical disponíbel. Asi, un valor de "50%" significa a metade do espazo disponíbel.
  3. MultiLength : O valor ( %MultiLength; no DTD) pode ser un %Length; ou unha lonxitude relativa . Unha lonxitude relativa ten a form "i*", na que "i" é un número inteiro. Ao distribuir o espazo entre os elementos que compiten por ese espazo, os axentes de usuário asignan lonxitudes de pontos e percentaxes primeiro e logo dividen o espazo disponíbel restante entre as lonxitudes relativas. Cada lonxitude relativa recebe unha porción do espazo disponíbel que é proporcional ao inteiro que precede o "*". O valor "*" equivale a "1*". Asi, se hai 60 puntos de espazo disponíbeis após que o axente de usuário distribuíse o espazo de pontos e percentaxes, e as lonxitudes relativas que compiten son 1*, 2* e 3*, o 1* receberá 10 pontos, o 2* receberá 20 pontos e o 3* receberá 30 pontos.

Os valores de lonxitude son indiferentes a maiúsculas e minúsculasl.

6.7 Tipos de conteúdo (tipos MIME)

Nota. Un "tipo de média" (definido en [RFC2045] e [RFC2046] ) especifica a natureza dun recurso ligado. Esta especificación emprega o termo "tipo de conteúdo" en vez de "tipo de média" dacordo co uso actual. Ademáis, nesta especificación, "tipo de média" pode-se referir ao média no que un axente de usuário mostra un documento.

Este tipo representa-se no DTD con %ContentType;.

Os tipos de conteúdo son indiferentes a maiúsculas e minúsculas.

Entre os exemplos de tipos de conteúdo están "text/html", "image/png", "image/gif", "video/mpeg", "text/css", e"audio/basic". Para a lista actualizada de tipos MIME rexistados, consulte [MIMETYPES].

6.8 Códigos de idioma

O valor dos atributos cuxo tipo é un código de idioma ( %LanguageCode no DTD) refire-se a un código de idioma especificado no [RFC1766] , sección 2. Para máis información sobre a especificación de códigos de idioma en HTML, consulte a sección sobre códigos de idioma . Non se permiten espazos en branco dentro do código de idioma.

Os códigos de idioma son indiferentes a maiúsculas e minúsculas.

6.9 Codificacións de caracteres

Os atributos "charset" ( %Charset na DTD) refiren-se à codificación de caracteres tal e como se descrebe na sección sobre codificacións de caracteres . Os valores deben ser cadeas (p.ex., "euc-jp") do rexisto da IANA (ver [CHARSETS] para unha lista completa).

Os nomes de codificacións de caracteres son indiferentes a maiúsculas e minúsculas.

Os axentes de usuário deben seguir os pasos descritos na sección sobre especificación de codificacións de caracteres para determinar a codificación de caracteres dunha fonte externa.

6.10 Caracteres individuais

Alguns atributos requiren un carácter individual do conxunto de caracteres do documento . Estes atributos toman o tipo %Character no DTD.

Os caracteres individuais poden-se especificar con referéncias de caracters (p.ex., "&").

6.11 Datas e horas

[ISO8601] permite moitas opcións e variacións na representación de datas e horas. A especificación actual usa un dos formatos descritos no perfil [DATETIME] para a definición de cadeas legais de data e hora ( %Datetime na DTD).

O formato é:

  YYYY-MM-DDThh:mm:ssTZD
onde:
     YYYY = ano con catro díxitos
MM = ano con dous díxitos (01=Xaneiro, etc.)
DD = dia do més con dous díxitos (01 a 31)
hh = hora con dous díxitos (00 a 23) (Non se pode usar am/pm)
mm = minuto con dous díxitos (00 a 59)
ss = segundo con dous díxitos (00 a 59)
TZD = designador do fuso horário

O designador do fuso horário é un dos seguintes:

Z
indica UTC (Coordinated Universal Time-Tempo Universal Coordenado). O "Z" debe ser maiúsculo.
+hh:mm
indica que a hora é unha hora local que vai hh horas e mm minutos por diante do UTC.
-hh:mm
indica que a hora é unha hora local que vai hh horas e mm minutos por trás do UTC.

Deben estar presentes exactamente os componentes que aqui se mostran, con exactamente esta pontoación. Observe-se que o"T" aparece literalmente na cadea (debe ser maiúsculo)para indicar o comezo do elemento tempo, tal e como se especifica en [ISO8601]

Se unha aplicación xeradora descoñece a hora con precisión de segundos, pode-se usasr o valor "00" para os segundos (e minutos e horas se é necesário).

Nota. [DATETIME] non trata a cuestión de segundos bisextos.

6.12 Tipos de ligazóns

Os autores poden usar os tipos de ligazóns recoñecidas seguintes, que se listan aqui coas suas interpretacións convencionais. Na DTD, %LinkTypes refire-se a unha lista de tipos de ligazóns separadas por espazos. Non se permiten caracteres de espazo en branco dentro dos tipos de ligazóns.

Estes tipos de ligazóns son indiferentes a maiúsculas e minúsculas, ou sexa, "Alternate" ten o mesmo significado que "alternate".

Os axentes de usuário, motores de pesquisa, etc., poden interpretar estes tipos de ligazóns de moi diversas maneiras. Por exemplo, os axentes de usuário poden fornecer aceso a documentos ligados através dunha barra de navegación.

Alternate
Designa versións alternativas para o documento no que aparece a ligazón. Cando se usan xunto co atributo lang isto implica unha versión traducida do documento. Cando se usan xunto co atributo media isto implica unha versión designada para un média diferente.
Stylesheet
Refire-se a unha folla de estilo externa. Vexa-se a sección sobre follas de estilo externas para máis detalles. Isto usa-se xunto co tipo de ligazón "Alternate" para follas de estilo alternativas que poda escoller o usuário.
Start
Refire-se ao primeiro documento nunha colección de documentos. Este tipo de ligazón di-lles aos motores de pesquisa que documento considera o autor que é o ponto de início dunha colección.
Next
Refire-se ao seguinte documento nunha secuéncia linear de documentos. Os axentes de usuário poden escoller pré-carregar o "seguinte" documento para reducir o tempo de cárrega percebido.
Prev
Refire-se ao documento anterior nunha série de documentos ordenada. Alguns axentes de usuário aceitan o sinónimo "Previous".
Contents
Refire-se a un documento que serve como índice. Alguns axentes de usuário tamén aceitan o sinónimo ToC (de "Table of Contents").
Index
Refire-se a un documento que fornece un índice analítico do documento actual.
Glossary
Refire-se a un documento que fornece un glosário de termos que pertencen ao documento actual.
Copyright
Refire-se ao aviso de copyright do documento actual.
Chapter
Refire-se a un documento que serve un capítulo dunha colección de documentos.
Section
Refire-se a un documento que serve unha sección dunha colección de documentos.
Subsection
Refire-se a un documento que serve unha sub-sección dunha colección de documentos.
Appendix
Refire-se a un documento que serve un apéndice nunha colección de documentos.
Help
Refire-se a un documento que oference axuda (máis información, ligazóns a outras fontes de información, etc.).
Bookmark
Refire-se a un marcador. Un marcador é unha ligazón a un ponto de entrada importante dentro dun documento extenso. Pode-se usar o atributo title , por exemplo, para etiquetar o marcador. Observe-se que se poden definir vários marcadores dentro dun documento.

Os autores poden querer definir tipos de ligazóns adicionais non descritos nesta especificación . De o faceren, deberian utilizar un perfil para citar as convencións usadas para definir os tipos de ligazón. Vexa-se o atributo profile do elemento HEAD para máis detalles.

Para un tratamento máis extenso dos tipos de ligazóns, consulte a sección sobre ligazóns nos documentos HTML .

6.13 Descritores de média

O que segue é unha lista de descritores de média recoñecidos ( %MediaDesc no DTD).

screen
Pensado para pantallas de ordenador non paxinadas.
tty
Pensado para média que use unha grella de caracteres de ancho fixo, como teletipos, terminais ou dispositivos portáteis con capacidades limitades.
tv
Pensado para dispositivos tipo televisión (baixa resolución, cor, desprazamento limitado).
projection
Pensado para proxectores
handheld
Pensado para dispositivos de mao (pantallas pequenas, monocromas, gráficos por mapas bits, ancho de banda limitado).
print
Pensado para material paxinado, opaco e para documentos que se vexan nunha pantalla en modo de visión prévia na pantalla.
braille
Pensado para dispositivos tácteis de braille.
aural
Pensado para sintetizadores de voz.
all
Apropriado para todos os dispositivos.

Versións futuras de HTML poderán introducir valores novos e poderán permitir valores con parámetros. Para facilitar a introdución destas extensións, os axentes de usuário conformes deben ser capaces de procesar o valor do atributo media como segue:

  1. O valor é unha lista de entradas separada por vírgulas. Por exemplo:
    media="screen, 3d-glasses, print and resolution > 90dpi"

    interpretado como:

    "screen"
    "3d-glasses"
    "print and resolution > 90dpi"
  2. Cada entrada trunca-se xusto antes do primeiro carácter que non é unha letra [a-zA-Z] do US ASCII (ISO 10646 hex 41-5a, 61-7a), díxito [0-9] (hex 30-39), ou trazo (hex 2d). No exemplo, dá:
    "screen"
    "3d-glasses"
    "print"
  3. Fai-se entón unha correspondéncia, distinguindo maiúsculas e minúsculas , co conxunto de tipos de média definido arriba. Os axentes de usuário poden ignorar entradas que non se correspondan. No exemplo restan-nos screen e print.

Nota. As follas de estilo poden incluir variacións dependentes dos média no seu interior (p.ex.: o construto @media dos CSS). En tais casos, pode ser apropriado usar " media =all".

6.14 Dados dos scripts

Os dados dos scripts ( %Script; na DTD ) poden ser o conteúdo do elemento SCRIPT e o valor de atributos de evento intrínsecos . Os axentes de usuário non deben avaliar dados de script como código HTML senón pasá-los como dados a un motor de script.

O uso de maiúsculas e minúsculas nos dados dos scripts dependerá da linguaxe de programación do script.

Observe-se que os dados dos scripts que sexan conteúdos dun elemento non poden conter referéncias a caracteres , mais que dados de scripts que son valores dun atributo poden-nos conter. O apéndice fornece máis información sobre a especificación de dados non HTML .

6.15 Dados de follas de estilo

Os dados das follas de estilo (%StyleSheet; na DTD ) poden ser o conteúdo do elemento STYLE e o valor do atributo style . Os axentes de usuário non deben avaliar os dados de estilo como códigoHTML.

O uso de maiúsculas e minúsculas dos dados de estilo depende da linguaxe da folla de estilo.

Observe-se que os dados de follas de estilo que son conteúdo dun elemento non poden conter referéncias a caracteres , mais que dados de follas de estilo que son o valor dun atributo poden-nos conter. O apéndice fornece máis información sobre a especificación de dados non HTML .

6.16 Nomes de molduras destino

A exceición dos nomes reservados da lista de abaixo, os nomes de molduras destino ( %FrameTarget; na DTD) deben comezar cun carácter alfabético (a-zA-Z). Os axentes de usuário deberian ignorar todos os demáis nomes de destino.

Os nomes de destino seguintes están reservados e teñen significados especiais:

_blank
O axente de usuário deberá carregar o documento indicado nunha xanela nova, sen nome.
_self
O axente de usuário deberá carregar o documento na mesma moldura que o elemento que refire a este destino.
_parent
O axente de usuário deberá carregar o documento no FRAMESET pai imediato da moldura actual. Este valor equivale a _self se a moldura actual non tiver pai.
_top
O axente de usuário deberá carregar o documento na xanela inteira orixinal (cancelando asi todas as demáis molduras). Este valor equivale a _self se a moldura actual non ten pai.