Índice
Esta especificación divide-se nas seguintes seccións:
O breve tutorial de SGML proporciona-lles a quen o lean unha visión da relación entre a HTML e a SGML e fornece información básica sobre como se deben ler as Definicións de Tipo de Documento (DTD) da HTML.
Este documento está organizado por temas e non pola gramática da HTML. Os temas agrupan-se en tres categorias: estrutura, apresentación e interactividade. Ainda que non sexa dodado dividir os construtos da HTML nestas tres categorias, o modelo reflecte a experiéncia do Grupo de Traballo da HTML de que separar a estrutura dun documento da sua apresentación produce documentos máis efectivos e doados de manter.
A referéncia da linguaxe consiste na seguinte información:
Que caracteres poden aparecer nun documento HTML.
Os tipos de dados dun documento HTML.
Elementos que rexen a estrutura dun documento HTML, incluindo texto , listas , tabelas , ligazóns e obxectos, imaxes e applets incluídos .
Elementos que rexen a apresentación dun documento HTML, incluindo follas de estilo , tipos de letra, cores, regras e outros elementos de apresentación visual e molduras para apresentacións en várias xanelas .
Elementos que rexen a interactividade cun documento HTML, incluindo formulários para interacción co usuário e scripts para documentos activos .
A definición formal SGML do HTML:
Este documento foi escrito con dous tipos de leitores en mente: autores e implementadores. Esperamos que a especificación fornecerá-lles aos autores as ferramentas necesárias para escreber documentos eficientes, atractivos e acesíbeis sen expó-los en demasia aos detalles de implementación da HTML. Os implementadores, porén, deberian achar todo o necesário para construíren axentes de usuário que se axusten a ela.
Pode-se tomar a especificación de vários xeitos:
Leitura de princípio a fin. A especificación comeza cunha apresentación xeral da HTML e fai-se cada vez máis técnica cara o final.
As portadas de cada sección do manual de referéncia da linguaxe amplian a tabela de conteúdos inicial con máis detalle sobre esa sección.
Os nomes dos elementos van escritos en maiúsculas (p.ex.: BODY). Os nomes dos atributos van escritos en minúsculas (p.ex.: lang, onsubmit). Lembre que en HTML os nomes de elementos e atributos poden ir tanto en maiúsculas como en minúsculas; esta convención asume-se para facé-lo máis lexíbel.
Os nomes de elementos e atributos neste documento están etiquetados (marked up) e alguns axentes de usuário permitirán visualizá-los de xeito especial.
Cada definición dun atributo especifica o tipo do seu valor. Se o tipo permite vários valores posíbeis, a definición lista o conxunto de valores separados por unha barra vertical (|).
Após a información do tipo, cada definición dun atributo indica se os valores van en maiúsculas ou en minúsculas entre colchetes ("[]"). Consulte a sección sobre información sobre maiúsculas e minúsculas se precisar máis detalles.
As notas informativas van realzadas para que destaquen sobre o texto que as rodea e alguns axentes de usuário poden mostrá-las de maneira diferente.
Todos os exemplos que ilustran un uso desaprovado marcan-se como "EXEMPLO DESAPROVADO". Os exemplos desaprovados incluen tamén solucións alternativas. Todos os exemplos que ilustran un uso ilegal marcan-se claramente como "EXEMPLO ILEGAL".
Os exemplos e notas están etiquetados ( marked up) e alguns axentes de usuario mostrarán-no dun xeito especial.
Grácias a toda a xente que axudou ao autor cos borradores que se convertiron na especificación da HTML4 e a todos os que enviaron suxestións e correccións.
Moitas grácias ao grupo de traballo da Iniciativa de Acesibilidade à Web (WAI HC group) polo seu traballo na mellora da acesibilidade do HTML e a T.V. Raman (Adobe) polo seu traballo pioneiro en desenvolver formas de acesibilidade.
Os autores desta especificación, os membros do Grupo de Traballo HTML do W3C , merecen o agradecimento polo exame rápido deste documento, os seus comentários construtivos e o seu duro traballo.: John D. Burger (MITRE), Steve Byrne (JavaSoft), Martin J. Dürst (University of Zurich), Daniel Glazman (Electricité de France), Scott Isaacs (Microsoft), Murray Maloney (GRIF), Steven Pemberton (CWI), Robert Pernett (Lotus), Jared Sorensen (Novell), Powell Smith (IBM), Robert Stevahn (HP), Ed Tecot (Microsoft), Jeffrey Veen (HotWired), Mike Wexler (Adobe), Misha Wolf (Reuters), e Lauren Wood (SoftQuad).
Grácias a Dan Connolly (W3C) polas suxestión rigorosas e úteis como editor a tempo partillado e guia solícito como presidente do Grupo de Traballo do HTML. Grácias a Sally Khudairi (W3C) polo teu traballo indispensábel nos comunicados de imprensa.
Grácias a David M. Abrahamson e a Roger Price pola leitura cuidadosa da especificación e polos comentários construtivos.
Grácias a Jan Kärrman, autor de html2ps por axudar tanto na versión Postscript da especificación.
De moita axuda, do W3C en Sophia-Antipolis, foron Janet Bertot, Bert Bos, Stephane Boyera, Daniel Dardailler, Yves Lafon, Håkon Lie, Chris Lilley, e Colas Nahaboo (Bull).
Por último, grácias a Tim Berners-Lee, sen quen nada disto teria sido posíbel.
Moitas grácias a Shane McCarron por localizar grallas nesta revisión da especificación.
Para información sobre copyrights, consulte a W3C Intellectual Property Notice , a W3C Document Notice , e a W3C IPR Software Notice .