Índice
A lista anterior, por exemplo, é unha lista sen ordenar, creada co elemento UL :
<UL>
<LI>Información sen ordenar.
<LI>Información ordenada.
<LI>Definicións.
</UL>
Unha lista ordenada, creada usando o elemento OL , deberia conter información na que se deberia destacar a orden, como nunha receita:
As listas de definicións, creadas usando o elemento DL , normalmente consisten nunha série de pares termo/definición (ainda que as listas de definición poden ter outras aplicacións). Asi, cando se anúncia un produto, poderia-se usar unha lista de definicións:
definida en HTML como:
<DL>
<DT><STRONG>Menor custo</STRONG>
<DD>A nova versión deste produto costa moito menos que a anterior!
<DT><STRONG>Máis doado de usar</STRONG>
<DD>Modificámos o produto para que sexa moito máis doado de usar!
<DT><STRONG>Seguro para os nenos</STRONG>
<DD>Pode deixar os seus fillos sós nun cuarto con este produto e non se mancarán (non constitui unha garantia).
</DL>
As listas poden-se tamén aniñar e poden-se usar xuntos tipos de listas diferentes, como no exemplo seguinte, que é unha lista de definicións que contén unha lista sen ordenar (os ingredientes) e unha lista ordenada (o procedimento):
A apresentación exacta dos tres tipos de lista depende do axente de usuário. Recomenda-se que os autores non usen as listas simplesmente como un modo de indentar o texto. Esta é unha cuestión estilística e trata-se adecuadamente mediante follas de estilo.
<!ELEMENT UL - - (LI)+ -- lista sen ordenar -->
<!ATTLIST UL
%attrs; -- %coreattrs, %i18n, %events --
>
<!ELEMENT OL - - (LI)+ -- lista ordenada -->
<!ATTLIST OL
%attrs; -- %coreattrs, %i18n, %events --
>
Etiqueta inicial: requerida , Etiqueta final: requerida
<!ELEMENT LI - O (%flow;)* -- elemento de lista -->
<!ATTLIST LI
%attrs; -- %coreattrs, %i18n, %events --
>
Etiqueta inicial: requerida , Etiqueta final: opcional
Definicións dos atributos
Atributos que se definen noutro lugar
As listas sen ordenar e ordenadas mostran-se de maneira idéntica a exceición de que os axentes de usuário visuais numeran os elementos ordenados. Os axentes de usuário poden apresentar eses números de moitas maneiras. As listas sen ordenar non están numeradas.
Ambos os dous tipos de listas constan de secuéncias de elementos de lista definidos co elemento LI element (cuxa etiqueta final pode ser omitida).
Este exemplo ilustra a estrutura básica dunha lista.
<UL>
<LI> ... primeiro elemento da lista... <LI> ... segundo elemento da lista... ... </UL>
As listas tamén poden estar aniñadas:
EXEMPLO
DESAPROVADO:
<UL>
<LI> ... Nível un, número un... <OL> <LI> ... Nível dous, número un... <LI> ... Nível dous, número dous... <OL start="10"> <LI> ... Nível tres, número un... </OL> <LI> ... Nível dous, número tres... </OL> <LI> ... Nível un, número dous... </UL>
Detalles sobre a orde dos números. Nas listas ordenadas non é posíbel continuar a numeración automaticamente desde unha lista anterior ou ocultar a numeración de alguns elementos. Porén, os autores poden modificar o número dun elemento de lista indicando o seu atributo value. A numeración continua desde o novo valor para os elementos de lista seguintes. Por exemplo:
<ol>
<li value="30"> fai que este elemento da lista sexa o número 30.
<li value="40"> fai que este elemento da lista sexa o número 40.
<li> fai que este elemento da lista sexa o número 41.
</ol>
<!-- listas de definicións - DT para termo, DD para a sua definición -->
<!ELEMENT DL - - (DT|DD)+ -- lista de definición -->
<!ATTLIST DL
%attrs; -- %coreattrs, %i18n, %events --
>
Etiqueta inicial: requerida, Etiqueta final: requerida
<!ELEMENT DT - O (%inline;)* -- termo definido -->
<!ELEMENT DD - O (%flow;)* -- descrición da definición -->
<!ATTLIST (DT|DD)
%attrs; -- %coreattrs, %i18n, %events --
>
Etiqueta inicial: requerida, Etiqueta final: opcional
Atributos que se definen noutro lugar
As listas de definicións varian só lixeiramente doutros tipos de listas en que os elementos da lista consisten de duas partes: un termo e unha descrición. O termo dá-o o elemento DT e está restrinxido ao contido na liña. A descrición dá-a un elemento DD que contén contido de nível de bloco.
Eis un exemplo:
<DL>
<DT>Chapón
<DD>persoa xoven que pode acabar convertindo-se
nun <EM>cerebrito</EM> un nun<EM>empollón</EM>
<DT>Hacker
<DD>programador intelixente
<DT>Cerebrito
<DD>persoa tecnicamente brillante mais inepta socialmente
</DL>
Velaqui un exemplo con vários termos e descricións:
<DL>
<DT>Centro
<DT>Central
<DD> Ponto equdistante de todos os pontos
da superfície dunha esfera.
<DD> Nalguns deportes, xogador que ocupa
a liña meia do campo, pista
ou liña dianteira.
</DL>
Outra aplicación de DL , por exemplo, é representar diálogos, nos que cada DT corresponde a un falante e cada DD contén as suas palabras.
Nota. O que segue é unha descrición informativa do compartamento dalguns axentes de usuários visuais actuais ao formataren listas. As follas de estilo permiten un mellor control do formato das listas (p.ex., na numeración, convencións dependentes do idioma, indentación, etc.).
Os axentes de usuário visuais normalmente indentan as listas aniñadas a respeito do nível actual de aniñamento.
Tanto para OL como para UL , o atributo type especifica as opcións de representacións para os axentes de usuário visuais.
Para o elemento UL ,os valores posíbeis do atributo type son disc, square, e circle (un círculo, un cadrado e unha circunferéncia). O valor por omisión depende do nível de aniñamento da lista actual. Estes valores non dependen de maiúsculas e minúsculas.
Como se represente cada valor depende do axente de usuário. Os axentes de usuário deberian tentar mostrar un "círculo (disc)" como un círculo pequeno recheo, unha "circunferéncia (circle)" como o perfil dunha pequena circunferéncia e un "cadrado (square)" como o perfil dun pequeno cadrado.
Un axente de usuário gráfico poderia mostrar isto asi:
"disc" (círculo)
"circle" (circunferéncia)
"square" (cadradro)
Para o elemento OL , os valores posíbeis do atributo type resumen-se na tabela que segue (varian con maiúsculas e minúsculas):
Tipo | Estilo de numeración | |
---|---|---|
1 | números arábigos | 1, 2, 3, ... |
a | minúsculas | a, b, c, ... |
A | maiúsculas | A, B, C, ... |
i | romanos minúsculos | i, ii, iii, ... |
I | romanos maiúsculos | I, II, III, ... |
Observe-se que o atributo type está desaprovado e que os estilos de lista deberian-se tratar através de follas de estilo.
Por exemplo, usando CSS, poderia-se especificar que o estilo dos números dos elementos de lista nunha lista numerada fosen números romanos minúsculos. No fragmento que segue, todos os elementos OL que pertencen à clase "conromanos" levarán números romanos diante dos elementos da lista.
<STYLE type="text/css">
OL.conromanos { list-style-type: lower-roman }
</STYLE>
<BODY>
<OL class="conromanos">
<LI> Paso un ...
<LI> Paso dous ...
</OL>
</BODY>
A representación dunha lista de definicións tamén depende do axente de usuário. O exemplo:
<DL>
<DT>Chapón
<DD>persoa xoven que pode acabar convertindo-se
nun <EM>cerebrito</EM> un nun<EM>empollón</EM>
<DT>Hacker
<DD>programador intelixente
<DT>Cerebrito
<DD>persoa tecnicamente brillante mais inepta socialmente
</DL>
poderia-se mostrar da seguinte maneira:
Chapón
ypersoa xoven que pode acabar convertindo-se nun cerebrito ou nun empollón Hacker programador intelixente Cerebrito persoa tecnicamente brillante mais inepta socialmente
DIR e MENU están desaprovados .
Vexa-se a DTD transicional para a definición formal.
Atributos que se definen noutro lugar
O elemento DIR foi deseñado para ser usado para crear listas de directório de várias colunas. O elemento MENU foi deseñado para ser usado para listas de menu nunha única coluna. Ambos os dous elementos teñen a mesma estrutura que UL , simplesmente unha representación diferente. Na prática, un axente de usuário mostrará unha lista DIR ou MENU exactamente igual que unha lista UL .
Recomendamos encarecidamente que se use UL en vez destes elementos.